domingo, 7 de marzo de 2010

Estou de cumpremeses, hoxe cumpro un mes....

Ola a todos, estou de cumpremes, hoxe cumpro un mes de vida, e polo que escoito, debo de ser unha nena moi boa, xa que meus pais é o que lle contan a tódolos seus amigos.

Aquí estou en algunhas fotos, primeiro eu soa, apoiada no meu mellor amigo, aquí é donde estou apoiada cando estou a comer da teta.

Despois estou noutra con papi, e outra con mami, e outra na que teño unha cara de flipada que non vexas, xusto despois de comer, jejeje. Quedo como unha panchiña






martes, 2 de marzo de 2010

A avoa Isabel

Aqui estou coa avoa Isabel, está moi seria, pero só para a foto, despois está todo o tempo a sorrir con cada cousa que fago, que si movo un pouco a boca, que abro un ollo, que si pecho o outro,...

Bueno, será como os avós Juan e Merchi, como son a primeira, vou facer con os tres o que queira, jeje

Posted by Picasa