domingo, 7 de marzo de 2010

Estou de cumpremeses, hoxe cumpro un mes....

Ola a todos, estou de cumpremes, hoxe cumpro un mes de vida, e polo que escoito, debo de ser unha nena moi boa, xa que meus pais é o que lle contan a tódolos seus amigos.

Aquí estou en algunhas fotos, primeiro eu soa, apoiada no meu mellor amigo, aquí é donde estou apoiada cando estou a comer da teta.

Despois estou noutra con papi, e outra con mami, e outra na que teño unha cara de flipada que non vexas, xusto despois de comer, jejeje. Quedo como unha panchiña






martes, 2 de marzo de 2010

A avoa Isabel

Aqui estou coa avoa Isabel, está moi seria, pero só para a foto, despois está todo o tempo a sorrir con cada cousa que fago, que si movo un pouco a boca, que abro un ollo, que si pecho o outro,...

Bueno, será como os avós Juan e Merchi, como son a primeira, vou facer con os tres o que queira, jeje

Posted by Picasa

domingo, 28 de febrero de 2010

A comer tocan


Cuando toca comer, non hai volta atrás. Aquí estou con mami, comendo unhas hamburguesas con ovos fritidos e arroz branco.
Como vedes gustame de todo
Posted by Picasa

sábado, 27 de febrero de 2010

Tivemos visita de Celanova

O outro día viñeron a visitarnos os meus primos de Celanova, viñeron Irea, Juan e Julia, tamén viñeron os meus tíos-avós Juan e Julia, que son os avós de Irea. Sacamos álgunhas fotos, estas son algunhas delas.

Mira que mañas ten a miña prima Irea, jeje aínda que se ven as mans da súa nai aguantándome, e que aínda é moi pequena para poder aguantar conmigo, pero estaba disfrutando moito



Aquí estou con a prima Irea e con o papi dela, sabedes que, tamén se chama Juan como o meu papi. Lévanse moi ben, solo ai un problema este da foto é do Celta, jeje

Posted by Picasa

sábado, 13 de febrero de 2010

Os meus titos

Aqui están, a quen se lle ve a sonrisa máis grande, adivinades?? Son Xurxo e Noe, dice que me quere meter na bicicleta en non sei que cacharro para baixar non se que costa. Está flipao.....
Posted by Picasa

viernes, 12 de febrero de 2010

Os avós están que chochean


Jejeje, mirade para a cara dos meus avós, aquí estou o día que chegueir á miña casa, nada máis entrar fíxeno chorando, para que todo o mundo se enterara de quen vai mandar a partires de agora, pero deixei que me sacaran unha foto cos avós. Eles son Merchi e Juan, xa veredes que ven o vou a pasar en Valdoviño, sobre todo cando anden a correr tras de mín porque vou a quitarlles uns aniños denriba.
Posted by Picasa

lunes, 25 de enero de 2010

Mama con os meus amigos

 


Aquí está mama con Luis e con Martín. Estos van a ser os meus amigos, son os fillos de Luis e Mar.
Posted by Picasa